FASE I - ENTIDADES
Serán subvencionables os proxectos que inclúan actividades realizadas por traballadores que non se inclúan no cadro de persoal das entidades beneficiarias para o desenvolvemento de accións que favorezan os colectivos aos que representan, co fin de mellorar a inclusión laboral e a calidade do emprego.
Os proxectos para os cales se solicite a subvención deberán reunir os seguintes requisitos:
Para a valoración na calidade da contratación só se valorará un perfil dos 2 solicitados. (Valorarase aquel con situación de maior puntuación de acordo co artigo 7.4, xerando a obriga de que o segundo perfil, o non valorado, teña asignada unha xornada continua).
Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos e no marco dos principios da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de adhesión presentaranse de maneira telemática na sede electrónica da Deputación: http://sede.deputacionlugo.org.
Dende a sede poderase acceder ao Taboleiro Electrónico da Deputación para consultar as listaxes e a última información relativa ao programa Tecendo Emprego
Documentación adicional
INSTRUCCIÓNS MEMORIA XUSTIFICACIÓN FINAL
ANUNCIO DE AMPLIACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 9 DE NOVEMBRO
PUBLICADO LISTAXE DE REQUIRIMENTOS DE EMENDAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS. DESCARGA O DOCUMENTO ACCEDE Ó TABOLEIRO