Menu toggle
Emprego

Tecendo Emprego

 

A Deputación de Lugo lanza o programa Tecendo Emprego cun orzamento de 1.720.000€ co fin de seguir con iniciativas encaradas a frear o desemprego da provincia incidindo nos colectivos con maior dificultade de inserción.

Esta orde ten por obxecto establecer a convocatoria para o período 2018-2020 dunha liña de subvencións destinada ás entidades do terceiro sector, principalmente de iniciativa social, para realizar un ou varios proxectos que sirvan de estímulo para a plena integración sociolaboral do maior número de persoas, especialmente aquelas que posúan maiores dificultades.

A finalidade destas axudas é a de contribuír á mellora da empregabilidade mediante dúas fórmulas:

  1. Por unha banda financiando custes directos de Seguridade Social e salario de persoas desempregadas durante un período de 12 meses.
  2. Por outra banda, coa contratación destes axentes promoverase principalmente o desenvolvemento de accións que melloren as posibilidades de inserción laboral, a través da posta en marcha de programas de formación básica e instrumental, para mellorar a autoestima ou reforzar as habilidades sociais en xeral, actuacións que axuden a eliminar ou diminuír as dificultades dos colectivos integrados en cada unha delas para a súa incorporación ao mercado laboral.

O programa consta de dúas fases:

FASE I – ENTIDADES: Nesta fase as entidades interesadas concurren para ser entidades beneficiarias do programa cos perfís solicitados.

FASE II – CANDIDATOS: Resolta a Fase I das entidades beneficiarias, procédese a selección dos candidatos segundo os perfís solicitados polas entidades na fase I.

Axenda emprego