Este programa ten coma finalidade a inserción laboral de persoas desempregadas mediante a cualificación profesional en alternancia co traballo efectivo, co obxectivo de mellorar a ocupabilidade dos desempregados a través da súa participación en obras ou servizos de utilidade pública ou interese social.
A súa realización contempla as especialidades dos correspondentes certificados de profesionalidade. Do mesmo xeito, reciben ao longo de todo o proxecto orientación, asesoramento e información profesional que lles capacita tanto para a procura de emprego por conta allea, coma para o establecemento por conta propia.