Menu toggle
Emprego

O Goberno da Deputación de Lugo xa ten en marcha o PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO, o plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia, integrado dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos . Esta nova edición está dotada con máis de 3,5 millóns de euros cos que o Executivo da Deputación decidiu asumir todos os custos pola contratación de desempregados lucenses nos municipios.

Para dar cumprimento ao Programa Fomento do Emprego, lembráselles aos Concellos que estes deberán:

    1. Sempre que así o esixa o posto, deberán facilitar as persoas contratadas roupa de traballo, e nela deberá figurar que o gasto de contratación do traballador é financiado pola Deputación mediante a impresión na mesma dos logos. Podes descargar os logos na seguinte ligazón
    2. Deberán dilixenciar os xustificantes de gastos (nóminas) co texto “ Financiado pola Deputación Provincial de Lugo”
    3. Entregar certificado do secretario/a (Anexo X)

Notas informativas do PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO

Axenda emprego