Menu toggle
Emprego
Depu emprego

 

É o plan de emprego para xerar postos de traballo nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Os concellos deciden os perfís que ofertan segundo as súas necesidades, sempre orientados a dar servizo aos seus veciños e o Goberno da Deputación asume os custes de contratación.

Este programa, na anualidade 2017/2018, contempla preto de 313 postos de traballo. Os anuncios das ofertas de cada un dos concellos prodúcense ao longo do ano e son os propios municipios os que fan a selección dos traballadores.

Para dar cumprimento ao convenio do Programa Depuemprego, lembráselles aos Concellos que estes deberán:

  1. Sempre que así o esixa o posto, deberán facilitar as persoas contratadas roupa de traballo, e nela deberá figurar que o gasto de contratación do traballador é financiado pola Deputación mediante a impresión na mesma dos logos.
  2. Deberán dilixenciar os xustificantes de gastos (nóminas) co texto “ Financiado pola Deputación Provincial de Lugo”
  3. Entregar certificado do secretario/a (pode descargar un modelo orientativo de certificado editable na seguinte ligazón)

Instruccións Depuemprego 2017

Listaxe de postos financiados


 

Axenda emprego