ACCIÓN FORMATIVA: TRABALLOS FORESTAIS

O programa "Desenvolvendo o Rural", entre outras, inclúe a liña de capacitación profesional, para dignificar e profesionalizar diferentes sectores.

Esta acción formativa está destinada a levar a cabo actuacións de formación e capacitación en traballos forestais, de xeito que os alumnos adquiran coñecementos e destrezas básicas para executar este tipo de traballos.

Engloba 4 aspectos formativos integradores:

  • Métodos de repoboación.
  • Aspectos xerais da silvicultura.
  • Coidados culturais.
  • Seguridade e saúde no traballo e as actividades específicas no desenvolvemento das labores nas explotacións forestais.

Con esta formación adquiriranse os coñecementos e habilidades teórico prácticos indispensables para traballar nunha explotación forestal.

 

BOLSA DE TRABALLO

Ao finalizar a formación dende a Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, crearase unha bolsa de traballo especializado cos participantes, por orde de puntación na valoración do desempeño da formación, con posibilidade de incorporación as explotacións forestais da provincia.

 

NOTA INFORMATIVA

LISTAXE DE CITACIÓNS

LISTAXE DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Axenda emprego