Tecido asociativo

 

PROMOCIÓN DO TECIDO ASOCIATIVO

O obxectivo destes convenios é apoiar, a través de audiovisuais, o importante labor que desenvolven as asociacións sen ánimo de lucro a prol dos lucenses nun amplo abano de eidos, desde actividades culturais, etnográficas e medioambientais ata veciñais e emprendedoras.

A colaboración do Servizo de Audiovisuais recóllese en reportaxes, vídeos promocionais e DVD. A través destes traballos contribuíuse a difundir actividades relacionadas, por exemplo, co dano cerebral adquirido, o trastorno do espectro autista ou a esclerose múltiple.

A entidade tamén elaborou documentais para conmemorar aniversarios e diversos promocionais de actividades desenvolvidas polas asociacións.

Por outra banda, prestouse apoio técnico e de produción en actividades que as ONG non puideron asumir por falta de medios ou ás que non chegaban os medios de comunicación tradicionais polo seu elevado custo.

https://www.youtube.com/playlist?list=PL4pRTNxg7M8oVj14xt_jz5XfjgcOUW4SE