Deputación de Lugo

A Deputación participa en Mondoñedo na inauguración da mostra Os Camiños de Carlos Casares

mondoñedo
carlos casares

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este sábado na inauguración da exposición fotográfica Os Camiños de Carlos Casares, que tivo lugar no centro comarcal Pazo de San Tomé de Mondoñedo. García Pernas puxo en valor o importante traballo que o fotoxornalista Xurxo Lobato desenvolveu para producir esta mostra, que recolle 40 fotografías inspiradas nos textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago.