Deputación de Lugo
Formación

A Deputación colabora na formación do alumnado da USC na utilización de materiais sostibles na construción

USC
Formación
Desenvolvemento Sostible
Apertura del curso de madera contralaminada
O Deputado de Promoción Económica e Social asistiu á apertura do curso de Construción con Madeira Contralaminada, organizado no marco do programa europeoLifeLugo+Biodinámico, impulsado polo Concello lucense coa colaboración da institución provincial

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría xunto ao tenente de Alcaldesa de Lugo, Álvaro Santos, a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e o director de PEMADE, Manuel Guaita, no acto de apertura dos cursos de Construción con Madeira Contralaminada, coordinados polo Máster en Enxeñaría da Madeira Estrutural do Campus Terra. As accións formativas desenvolveranse dende hoxe e ata o sábado na Escola Politécnica.

A institución provincialcolabora co proxecto Life Lugo+Biodinámico, liderado polo Concello de Lugo, cunha achega de máis de 500.000 euros, co obxectivo decontribuír na formación dos alumnos e alumnas no desenvolvemento da economía e o emprego social sostible. 

Rivera Capón recoñeceu a importancia a nivel nacional da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e remarcou a colaboración da Deputación de Lugo en proxectos que apostan pola formación de calidade e o uso da tecnoloxía en técnicas tradicionais, que é o que se aborda nestes cursos que se levarán a cabo dende o xoves ata o sábado. Así mesmo, o Deputado tamén recordou que “estamos ante unha iniciativa de colaboración que reúne a empresas e administracións, baixo o paraugas de calidade académica dunha universidade pública. Unha colaboración destinada a desenvolver un proxecto formativo de calidade, vencellado ós criterios da economía sostible e respectuosa co medio ambiente”.

O proxecto LIFE+Lugo Biodinámico, xestionado pola Unión Europea, busca poñer en práctica na cidade de Lugo una estratexia innovadora de planificación urbana, formando tecidos urbanos adaptados aos efectos do cambio climático.