Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Deputación recibe a insignia de ouro da Confraría do Santo Cristo do Perdón e Nosa Señora da Piedade

Semana Santa
Catedral de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiron este mércores na Catedral de Lugo a insignia de ouro que lle entregou á institución provincial a Confraría do Santo Cristo do Perdón e Nosa Señora da Piedade. Neste acto tamén se entregaron as insignias de prata e contou coa participación de diferentes autoridades, como a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco, entre outras.