Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación de Lugo participa no acto de conmemoración do Día Mundial dos Bosques

DIA MUNDIAL BOSQUES

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo Magdalena, participaron este luns no acto de conmemoración do Día Mundial dos Bosques organizado pola Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo baixo a campaña A pé de monte, xerando valor.

O acto levouse a cabo no stand de Lugomadera na Praza Maior de Lugo e durante a súa intervención, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo aproveitou para felicitar a iniciativa e recalcar a importancia que ten o sector da madeira e a riqueza que xera na provincia, creando en Galicia 80.000 postos de traballo e unha facturación de 200 millóns de euros, ademais de poñer en valor a aposta da Deputación de Lugo por aproveitar os recursos naturais para favorecer o desenvolvemento social e económico sostible do territorio.