Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación: “A provincia de Lugo volve a estar no mapa das infraestruturas de Galicia e de España”

infraestruturas
José Tomé Roca, o Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a presidenta de Adif presentaron as actuacións de mellora e modernización que acometerá o Goberno central na liña ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo cun investimento superior aos 546M€

Entre as obras a executar destaca a electrificación, a renovación da infraestrutura e vía, a implantación de novas instalacións de seguridade, control de tráfico e telecomunicacións ou a construción do novo túnel de Oural

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este venres a presentación do conxunto de actuacións que acometerá o Goberno de España na liña ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo cun investimento superior aos 546M€, un acto no que participaron o Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Sergio Vázquez Torrón, e a Presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, que detallaron os distintos proxectos.

Adif investirá 546,4M€ no período 2021-2023 para a modernización e mellora do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, co fin de mellorar a súa fiabilidade e competitividade, dada a incorporación do tramo Ourense-Monforte ao Corredor Atlántico de Mercadorías e a posta en marcha da conexión de Lugo á Alta Velocidade.

O Presidente da Deputación cualificou a xornada de hoxe como “un día histórico ou que vai facer historia en Monforte e na provincia” porque “gracias ao traballo e ao compromiso do Goberno de España”, queda demostrado, con feitos, que Lugo “volve a estar no mapa das infraestruturas de Galicia e de España”.

O investimento anunciado por Adif, destacou José Tomé “ten por si mesmo un gran valor, pero cobra un especial significado na nosa provincia despois do esquecemento total, do desprezo absoluto, ao que someteron a Lugo os gobernos do noso país entre os anos 2011 e 2017. Uns gobernos que non fixeron absolutamente nada pola provincia de Lugo en materia ferroviaria, só paralizar o que xa estaba en marcha, algo constatado nos seus informes polo Tribunal de Contas, como foi, entre outras cousas, a ruptura do contrato da Estación Intermodal de Lugo para a chegada do AVE. A situación foi tan grave que ata houbo que indemnizar a empresas por non facer nada, porque rompéronse os contratos”.

Con este Goberno do Estado “agora si, é unha realidade a mellora e modernización do ferrocarril na provincia de Lugo. Agora si é unha realidade a mellora da vía ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo, primeiro para electrificar o tramo Monforte-Lugo, o que permitirá a chegada da Alta Velocidade á capital da provincia e tamén modernizar as infraestruturas ferroviarias en Monforte”, asegurou o Alcalde monfortino e Presidente provincial.

 

Corredor Ourense-Monforte de Lemos-Lugo

O corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, de 117 quilómetros de lonxitude, pódese dividir en dous segmentos diferenciados: o tramo Ourense-Monforte de Lemos, que forma parte da liña 810 (Bifurcación Chapela-Monforte de Lemos), e o tramo Monforte de Lemos-Lugo, da liña 800 León-A Coruña-

O tramo Ourense-Monforte de Lemos ten 46 quilómetros de lonxitude en vía única electrificada a 3 quilovoltios. Pola súa parte, o tramo Monforte de Lemos-Lugo conta con 71 quilómetros de lonxitude, en vía non electrificada.

Os principais obxectivos da inversión prevista son:

-          Modernización do tramo Ourense-Monforte de Lemos para mellorar a súa fiabilidade e competitividade, dada a súa incorporación ao Corredor Atlántico de mercadorías.

-          Conexión de Lugo á Rede de Alta Velocidade a través de Ourense, mediante unha liña modernizada, máis competitiva e fiable.

-          A electrificación proposta suporá, ademais dos efectos positivos medioambientais, unha redución de costes operativos e un aumento das prestacións que repercutirá, a súa vez, nunha maior competitividade do ferrocarril respecto a outros modos de transporte, principalmente a estrada.

-          Un dos piares da política de transportes en Europa é favorecer o desenvolvemento do ferrocarril como un dos modos de transporte máis sostibles e os obxectivos da descarbonización do planeta, ratificados coa cume de París, acelerarán aínda máis a potenciación do ferrocarril en tódalas economías desenvoltas e en vías de desenvolvemento.

 

 

Principais actuacións

-          Modernización e adaptación de 3 quilovoltios a 25 quilovoltios c.a da electrificación do tramo Ourense-Monforte de Lemos, mediante instalación de catenaria híbrida, apta para ambas configuracións.

-          Instalación de nova electrificación a 25 quilovoltios no tramo Monforte de Lemos-Lugo.

-          Adecuación da infraestrutura, do que o principal obxectivo é a implementación dos gálibos necesarios para albergar la catenaria de 25 quilovoltios.

-          Actuacións de renovación en 104 pontes, 12 pasos superiores, 9 estacións e 21 túneles (engaden a execución do novo túnel de Oural).

-          Renovación da vía e elementos (carril, traveseiros, balastro, aparatos de vía…).

-          Ampliación de 2 vías de apartado, en Monforte Porto Seco e Os Peares, que permitirán a circulación de trens de 750 metros e supresión de 35 pasos a nivel.

-          Unha nova variante de trazado continuación da Pobra de San Xian, (en servizo desde abril 2018, e entre os principais beneficios destaca a supresión dos 14 pasos a nivel do anterior trazado, co conseguinte aumento da seguridade ferroviaria, viario y peonil, así como el incremento da velocidade de paso dos trens ata os 160 quilómetros hora).

-          Novas instalacións de seguridade e control do tráfico (ASFA dixital, sinalización e enclaves) e telecomunicacións (fibra óptica …).

 

Tramo Ourense-Monforte de Lemos

Prevese unha inversión de 202,5 M€ (IVA incluído), distribuída en 20 licitacións que comprenden, como actuacións principais, as seguintes:

-          Adecuación de infraestrutura.

-          Renovación de vía.

-          Renovación total da liña aérea de contacto.

-          Tratamento de beiravías e cruces de beiravías en estacións.

 

Contratos xa adxudicados

-          Reparación de desmontes.

-          Reparación de 23 pontes.

 

En proceso de licitación

-          Diversos contratos de tratamento de pontes, túneles e explanacións.

-          Renovación total da liña aérea de contacto (catenaria). 

-          Renovación da vía.

-          Tratamento de beiravías e cruces entre beiravías en estacións.

-          Peches en zonas urbanas.

 

En fase de proxecto

-          Supresión de 5 pasos a nivel.

-          Tratamento de pontes, túneles y explanacións.

 

Tramo Monforte de Lemos-Lugo

Prevese un investimento de 343,9 M€ (IVE incluído), distribuída en ata 51 licitacións, coas seguintes actuacións principais:

-          Adecuación de la infraestrutura.

-          Execución de electrificación.

-          Renovación da vía.

-          Construción do novo túnel de Oural.

-          Tratamento de beiravías e cruces entre beiravías en estacións.

 

En licitación

-          Tratamento de pontes, túneles y explanacións.

-          Construción do novo túnel de Oural.

-          Renovación da vía.

-          Sinalización e comunicacións.

-          Electrificación.

-          Beiravías e cruces entre beiravías en estaciones.

-          Ampliación de gálibos.

-          Peche en zonas urbanas.

-          Telemando de enerxía e subestación eléctrica.

 

En fase de proxecto

-          Supresión de 30 pasos a nivel.

-          Ampliación da variante de Pobra de San Xian.

 

Electrificación a 25 qiolovoltios

 

As principais actuacións previstas para a electrificación a 25 quilovoltios en corrente alterna (c.a.) do tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo son:

-          Acometida desde a rede de Rede Eléctrica Española (REE).

-          Construción da subestación de tracción de Oural (Lugo), así como dun centro de transformación e varios centros de transformación para consumidores auxiliares.

-          Conexión coa subestación de tracción e os centros de autotransformación asociados.

-          Execución de liña aérea de contacto no tramo Monforte de Lemos-Lugo.

-          Renovación da catenaria existente de 3.3 quilovoltios a catenaria híbrida no tramo Ourense-Monforte de Lemos. A catenaria híbrida permitirá o seu uso nos dous tipos de electrificación.

-          Instalación de outros elementos de electrificación (seccionadores, calefactores de agullas ou telemando dos seccionadores de catenaria).

 

As vantaxes da nova electrificación a 25 quilovoltios do tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo serán:

-          Maior competitividade do ferrocarril, redución de costes operativos e aumento das prestacións. Maior potencia = maior capacidade.

-          Redución de tempos de viaxe.

-          Fomento do tráfico de mercancías.

-          Modo de transporte máis eficiente e sostible en termos enerxéticos e medioambientais. Redución de pérdas e aforro enerxético.

-          Menos subestacións requeridas e, polo tanto, menor impacto paisaxístico e ambiental.

-          Potenciación do ferrocarril, como piar da política de transportes na Unión Europea.

-          Ademais, contribúe a cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura), ao desesenvolver infraestruturas fiables, sostenibles, resilientes e de calidade, así como ao promover a industrialización inclusiva e sostible e fomentar a innovación.

 

Adecuación da infraestrutura

 

Un dos objectivos principais desta actuación é a implementación dos gálibos necesarios para albergar a catenaria a 25 quilovoltios c.a. Dito obxectivo realizarase mediante:

- Rebaixes da plataforma de entre 30 e 110 cm en 20 túneles do traxecto Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, cunha lonxitude total de plataforma rebaixada de 2.785 m.

- Actuacións en 12 pasos superiores do tramo: rebaixe de plataforma en 10 deles, unha sustitución do taboleiro e unha demolición.

- Ampliación de plataforma en pontes como a Ponte da Chanca, na ciudad de Lugo.

- Execución do novo túnel de Oural: o túnel actual, de 1.903 m de lonxitude, non permite dar cumprimento ás actuais normativas e requisitos de seguridade na circulación, interoperabilidade e gálibo. Quedará como galería de emerxencia do túnel novo que descorrerá en paralelo, ao que estará conectado mediante unha galería peatonal.

Esta actuación requerirá cortes de vía, cunha previsión de 3 meses para cada traxecto: en último trimestre de 2021 no tramo Monforte de Lemos-Lugo e no segundo semestre de 2022 no segmento Ourense-Monforte de Lemos.

Ademais, efectuarase unha racionalización de estacións, con actuacións en Barra do Miño, Os Peares, Santo Estevo do Sil, Canabal, Monforte de Lemos, Rubián, Oural, Sarria e Laxosa para adecuar os seus andéns aos requisitos de interoperabilidade e accesibilidade.

En Canabal e Sarria construiranse, ademais, novos pasos de permeabilidade urbana entre ambos lados da liña ferroviaria.

Outras actuacións de adecuación da infraestrutura

-          Revisión de todas as pontes e pasos superiores, e reparación de danos.

-          Ampliación de vías de apartadero ata 750 m nos Peares e Monforte-Puerto Seco.

-          Tratamento de trincheiras e terrapléns.

-          Reparación de danos en túneles.

-          Mellora e adecuación de drenaxe lonxitudinal e transversal.

-          Pechamento en zonas urbanas e pasos viciosos.

 

Instalacións de seguridade e telecomunicacións

Este conxunto de actuacións engloba os siguintes traballos:

-          Adecuación dos encravamentos ás novas configuracións de vía.

-          Renovación de motores de agulla en todas as estacións, con aumento do número de motores nos desvíos necesarios.

-          Sustitución dos actuais contadores de eixos por contadores de última tecnoloxía.

-          Sustitución de sinais luminosas por modulares de tipo LED.

-          Sustitución de balizas ASFA por balizas ASFA Digital.

-          Sustitución do cableado de sinalización e telecomunicacións debido á nova electrificación a 25 quilovatios c.a.

-          Tendido de cable de fibra óptica.

-          Renovación do cableado de telefonía de explotación en estaciones.

 

Supresión de 35 pasos a nivel

Destinará unha inversión superior aos 30 M€ (IVE incluído) á supresión de ata 35 pasos a nivel no tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo. A súa ubicación, por termos municipais, é a seguinte:

-          Ourense (2)

-          Monforte de Lemos (5)

-          Sarria (14).

-          Lugo (14)

 

Os proxectos de supresión de pasos a nivel están en fase de supervisión. A súa execución é compatible co resto de obras, pero non condiciona o ritmo de execución destas.

Todas estas actuacións contribúen ao cumprimento de varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) como son o número 9, que ten entre as súas metas desenvolver infraestruturas fiables, sostibles e de calidade, e o número 11, que persegue proporcionar acceso a sistemas de transporte seguros, alcanzables, accesibles e sostibles. Tamén axuda ao número 8, pola súa contribución ao crecemento económico e o emprego, e ao número 7 en canto a eficiencia enerxética.