Deputación de Lugo

A Deputación implementa e mellora as ferramentas e servizos web para o traballo non presencial

administración electrónica
telemático
As modificacións na administración electrónica inclúen ferramentas para realizar videoconferencias e un novo procedemento para a tramitación de contratos, entre outros servizos

A Deputación de Lugo incrementa e mellora as ferramentas e servizos web da administración electrónica para un mellor desenvolvemento das funcións dos empregados e empregadas públicos no traballo non presencial. Coas medidas decretadas pola institución provincial no mes de xaneiro, no que se priorizou o traballo a distancia, estes recursos foron mellorados. 

Pablo Rivera, deputado de Promoción Económica e Social, subliñou que “estas ferramentas permiten que os traballadores e traballadoras da Deputación axilizan os trámites administrativos e, ao mesmo tempo, o contacto cos cidadás e outras entidades. Ante a situación sanitaria, dende a institución provincial priorízase o contacto telemático por vía telefónica ou por correo electrónico e, estas novas ferramentas, facilitarán as comunicacións”. 

Entre as principais novidades, o cadro de persoal conta cunha ferramenta de videoconferencias para realizar as reunións virtuais e así reducir os contactos, unha nova versión do procedemento para a tramitación de contratos, co obxectivo de facilitar o acceso á información e o intercambio entre entidades; e un apartado na sede electrónica da institución provincial (https://sede.deputacionlugo.org/) de preguntas frecuentes para aclarar as principais dúbidas que poidan ter traballadores e traballadoras, concellos, empresas ou a cidadanía. 

Quendas do 50%

O cadro de persoal permaneceu do 18 ao 31 de xaneiro con traballo non presencial ao detectarse tres positivos pola Covid-19. Esta medida adoptouse co fin de preservar a seguridade e a saúde dos empregados e empregadas e da propia cidadanía á que se presta servizos. Dende o pasado luns, 1 de febreiro, os traballadores volveron progresiva e gradualmente aos seus postos de forma presencial en quendas do 50% de cada servicio.