Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación reforza con 15.000€ o apoio á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada

AFA Chantada
convenios
O Presidente, José Tomé, asinou un convenio de colaboración co responsable do colectivo, Enrique Rojo, para que poidan continuar atendendo aos afectados por esta enfermidade no contexto da crise sanitaria provocada pola Covid-19

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co responsable da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada, Enrique Rojo, para reforzar con 15.000€ o apoio a este colectivo ás persoas afectadas por esta enfermidade no contexto da pandemia provocada pola Covid-19. 

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, que conta con 9 traballadores, dá servizo a 150 usuarios e usuarias dos concellos de Chantada, Taboada e Carballedo. A diferencia doutras entidades e programas destinados a persoas afectadas por esta enfermidade, este colectivo presta tamén servizo a domicilio. Un modelo asistencial que ofrece seguridade aos enfermos no contexto da crise sanitaria e que redunda na súa calidade de vida. Entre as atencións que reciben os doentes, a asociación tamén forma a través de novas tecnoloxías para complementar os coidados coa realización de actividades terapéuticas e ensinalos a acceder a diferentes recursos adaptados ao grao de desenvolvemento da enfermidade.