A Deputación de Lugo abre o prazo para que os concellos presenten proxectos do Plan Único 2021

plan único
BOP
Os 67 municipios da provincia, que terán un mes, ata o 12 de febreiro, para presentar as propostas, poderán traballar con maior previsión e tempo grazas á axilidade do Goberno provincial na aprobación das bases do programa, que publica hoxe o BOP

O plan presenta como novidades a subida da dotación económica ata os 21,5M€, a posibilidade de imputar gastos de contratación de persoal dende principios de ano e a apertura dunha nova vía de apoio ao sector servizos

A Deputación de Lugo abre hoxe, 12 de xaneiro, o prazo para que os 67 concellos da provincia presenten os proxectos do Plan Único 2021. As entidades locais, que terán un mes, ata o día 12 de febreiro, para presentar as propostas, poderán traballar cunha maior previsión grazas á axilidade do Goberno provincial, que, por primeira vez dende que existe o plan, aprobou as bases no ano anterior ao seu período de vixencia. Isto permitiralles aproveitar mellor os recursos, pois terán máis tempo para acometer as diferentes actuacións e poderán comezar as obras na primavera verán, a época propicia para facelas.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases deste programa, que presenta como novidades a subida da dotación económica ata os 21,5M€, unha decisión coa que o Goberno reforza o principal instrumento de cooperación da Deputación cos concellos, nun ano no que teñen máis necesidades polos efectos da crise sanitaria, sobre todo aqueles máis pequenos nos que boa parte da actividade depende dos recursos económicos aportados pola institución provincial. O incremento progresivo do Plan Único tamén cumpre co recollido no pacto de Goberno. 

Outra das novidades do Plan Único 2021 é a posibilidade de imputar gastos de contratación de persoal dende principios de ano, o que favorecerá a creación de postos de traballo. Esta medida terá carácter permanente, pero este ano será especialmente importante para contribuír á recuperación do mercado laboral.

Así mesmo, dentro da liña Covid do Plan Único, a Deputación abriu unha nova vía para que os concellos poidan apoiar ao sector servizos –hostalería, comercio e turismo-, actividades que resultaron das máis gravemente afectadas polo impacto da pandemia e que son o músculo da actividade económica da provincia. 


Criterios públicos e obxectivos
O Plan Único 2021 mantén polo demais a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Ademais, como en anos anteriores, fíxase un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes, e de 200.000€ para os concellos que teñen menos habitantes.

 

Distribución dos fondos por concello
CONCELLOS ACHEGA PLAN ÚNICO 2021
ABADÍN 339.356,28 €
ALFOZ 274.404,09 €
ANTAS DE ULLA 275.847,85 €
BALEIRA 277.840,25 €
BARALLA 294.131,05 €
BARREIROS 276.433,81 €
BECERREÁ 304.229,68 €
BEGONTE 299.604,19 €
BÓVEDA 246.531,90 €
BURELA 376.018,28 €
CARBALLEDO 316.785,63 €
CASTRO DE REI 394.149,88 €
CASTROVERDE 304.078,84 €
CERVANTES 321.520,33 €
CERVO 295.573,91 €
O CORGO 340.365,50 €
COSPEITO 364.558,82 €
CHANTADA 470.462,84 €
FOLGOSO DO COUREL 269.684,87 €
A FONSAGRADA 442.424,11 €
FOZ 426.046,87 €
FRIOL 412.858,19 €
GUITIRIZ 445.723,03 €
GUNTÍN 317.097,89 €
O INCIO 291.113,03 €
LÁNCARA 298.059,72 €
LOURENZÁ 253.293,15 €
LUGO 500.000,00 €
MEIRA 223.430,82 €
MONDOÑEDO 309.920,66 €
MONFORTE DE LEMOS 500.000,00 €
MONTERROSO 306.167,52 €
MURAS 289.252,68 €
NAVIA DE SUARNA 313.147,61 €
NEGUEIRA DE MUÑIZ 193.287,63 €
AS NOGAIS 242.518,71 €
OUROL 306.999,22 €
OUTEIRO DE REI 357.278,65 €
PALAS DE REI 378.555,50 €
PANTÓN 332.813,29 €
PARADELA 287.827,16 €
O PÁRAMO 246.371,10 €
A PASTORIZA 326.821,78 €
PEDRAFITA DO CEBREIRO 257.075,50 €
A POBRA DE BROLLÓN 286.865,88 €
POL 270.168,85 €
A PONTENOVA 274.837,63 €
PORTOMARÍN 265.941,49 €
QUIROGA 351.615,40 €
RÁBADE 195.610,49 €
RIBADEO 446.596,56 €
RIBAS DE SIL 229.902,47 €
RIBEIRA DE PIQUÍN 232.679,52 €
RIOTORTO 239.254,43 €
SAMOS 281.445,67 €
SARRIA 500.000,00 €
O SAVIÑAO 384.169,06 €
SOBER 325.369,04 €
TABOADA 329.540,17 €
TRABADA 250.838,08 €
TRIACASTELA 202.441,11 €
O VALADOURO 288.884,23 €
O VICEDO 256.406,10 €
VILALBA 500.000,00 €
VIVEIRO 500.000,00 €
XERMADE 309.748,20 €
XOVE 278.023,86 €
TOTAL 21.500.000,00 €