Deputación de Lugo

A Deputación colabora co labor da Fundación Uxío Novoneyra

Fundación Uxío Novoneyra
convenios
O Presidente da institución provincial e un representante do colectivo asinaron este xoves un convenio de colaboración por valor de 16.500€ para reforzar o persoal da entidade, coa contratación de 3 técnicos

A Deputación de Lugo colabora co labor e o funcionamento da Fundación Uxío Novoneyra a través dun convenio de colaboración de 16.500€, que foi asinado este xoves polo Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, e o representante da Fundación, Uxío Novo Rey.  

Concretamente, o convenio de colaboración entre as dúas entidades permitirá á Fundación Uxío Novoneyra reforzar o seu persoal, coa contratación de 3 técnicos a media xornada, dada a situación sobrevida coa aplicación dos protocolos Covid de traballo nos museos, ao tempo que responderá á demanda de visitas guiadas da súa casa-museo.   

Esta actuación está enmarcada dentro do marco de colaboración que a Deputación de Lugo mantén coa Fundación para dinamizar a vida cultural na provincia, desenvolvendo pioneiros proxectos cos que poñer en valor o patrimonio literario, patrimonial e cultural co que conta a provincia. 

Premiada nos Lugo Cambia da Deputación
A Fundación Uxío Novoneyra foi unha das entidades gañadoras na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense organizados pola Deputación de Lugo. O Consello Provincial de Turismo premiou a súa dedicación e traxectoria profesional como institución, o desenvolvemento de accións innovadoras en materia de creación de produtos turísticos, o impulso de accións innovadoras e tamén o férreo traballo en prol da calidade turística.