Deputación de Lugo
Medio ambiente

55 persoas participan na Semana Micolóxica 2020, que organiza a Deputación entre hoxe e o venres

Semana Micolóxica
Medio Ambiente
Semana Micolóxica
O Deputado de Medio Ambiente abriu no Pazo de San Marcos as xornadas, que inclúen 10 horas de formación teórica a cargo de JuliánAlonso Díaz, licenciado en Veterinaria, Doutor en Ciencias Biolóxicas e presidente da Sociedade Micolóxica Lucus

Todas as actividades desta programación poderanse seguir vía streaming a través do canal de Youtube do Servizo de Audiovisuais da Deputación: https://www.youtube.com/watch?v=_BSJCKxM0LU

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo Magdalena, inaugurou este luns no Salón de Actos do Pazo de San Marcosa Semana Micolóxica 2020, unha iniciativa gratuíta que organiza a Deputación ata este venres, 30 de outubro, en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus. Participarán 55 persoas nestas actividades, que cumprirános protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias para a prevención da Covid-19. O Servizo de Audiovisuais da Deputación retransmitirá vía streaming todas as xornadas desta programación a través da seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=_BSJCKxM0LU

José Luis Raposo deu hoxe a benvida aos asistentes ás xornadas e sinalou que a Deputación ofrece estas accións formativas “completas e de calidade” co obxectivo de “dar a coñecer os nosos recursos naturais, ao mesmo tempo que poñemos en valor a biodiversidade da provincia e a súa riqueza micolóxica”. 

Estas xornadas inclúen 10 horas de formación teórica,que se celebraránen horario de tarde, de 19:30 horas a 21:30 horas. O poñente destas sesións éJuliánAlonso Díaz, licenciado en Veterinaria, Doutor en Ciencias Biolóxicas e presidente da Sociedade Micolóxica Lucus. O programa destas sesións é o seguinte:

- Luns, 26 de outubro: Iniciación á micoloxía, bioloxía, ecoloxía e formas de vida dos fungos.
-Martes, 27 de outubro:Aspectos básicos para a identificación dos fungos macromicetos.
- Mércores, 28 de outubro: Clasificación dos macromicetos, principais grupos e especies.
- Xoves, 29 de outubro: Intoxicación por consumo de cogomelos. Principais especies tóxicas.
- Venres, 30 de outubro: Lexislación aplicable e  boas prácticas na actividade micolóxica. Repaso e resumen.

Estaba previsto que a Semana Micolóxica 2020 rematara cunha xornada práctica,pero por mor da situación sanitaria provocada pola pandemia queda aprazada ata que poida realizarse cumprindo con todos os protocolos de seguridade e en grupos reducidos de non máis de 10 persoas.