Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación súmase ao acto celebrado na Mosqueira para recadar fondos destinados á investigación do cancro de mama

Día Internacional do Cancro de Mama
Lazo Mosqueira

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e a Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participaron este domingo en Lugo nun acto con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama no que se repartiron na cidade prantas para recadar fondos para a investigación desta enfermidade e durante o que se formou un lazo con flores nos xardíns da Mosqueira. A iniciativa, organizada pola Asociación Española contra o Candro de Mama (AECC) de Lugo e o grupo El Progreso, contou coa colaboración da institución provincial.