Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación destina 6.000€ á Asociación Española Contra o Cancro de Lugo para atención psicosocial

José Tomé Roca
AECC
Convenio AECC

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a presidenta da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Lugo, María Luz Abella García, asinaron un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 6.000€ ao colectivo. Este importe permite ofrecer atención psicolóxica e social durante o proceso da enfermidade aos pacientes oncolóxicos e as súas familias, mellorando así a súa calidade de vida e benestar.