Deputación de Lugo

A Deputación colabora co Círculo das Artes de Lugo para desenvolver a súa programación de actividades

José Tomé Roca
Circulo das Artes
Sinatura convenio
A institución provincial destina 6.000 euros á entidade lucense para levar a cabo diferentes iniciativas e proxectos culturais durante todo o ano

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente do Círculo das artes de Lugo, Miguel Caraduje Somoza, asinaron este venres, no Pazo de San Marcos, un convenio de colaboración polo cal a institución provincial destina 6.000 euros para levar a cabo a programación de actividades durante todo o ano. 

José Tomé puxo en valor o traballo que desenvolve esta entidade “para promover ao longo do ano unha programación completa e atractiva para todo tipo de públicos, dende festivais de música en vivo, ata obradoiros para nenos e nenas, pasando por exposicións, festas de entroido, galas de moda ou congresos, que impulsan a economía e dinamizan o ocio”. Neste senso, o mandatario provincial salientou o vínculo histórico que existe entre o Círculo das Artes e Lugo, constituído no ano 1855 por iniciativa de medio centenar de lucenses.