Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Ampliado o prazo de execución do convenio entre Deputación e Concello para a residencia da Pobra do Brollón

José Tomé Roca
centro de maiores
Pobra de Brollón
Sinatura convenio
O Presidente e o Alcalde da localidade asinaron a modificación do acordo de colaboración entre ambas administracións para axustar os prazos de construción e entrega do Centro de Atención a Maiores ao novo proceso de licitación, que empezou logo de que o anterior contrato tivera que resolverse

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes en San Marcos co Alcalde do Concello da Pobra do Brollón, José Luis Maceda, unha modificación do convenio de colaboración entre ambas administracións para a construción dun Centro de Atención a Maiores. Este cambio ten como obxectivo axustar os prazos de construción e entrega da residencia ao novo proceso de licitación que acaba de empezar, logo de que o anterior contrato tivera que resolverse.


Agora, Concello e Deputación acordan fixar como data límite o 31 de maio de 2022 para ter licitado, rematado e recibido o centro de maiores. Así mesmo, establécese que o convenio terá vixencia ata finais do mes de xuño do ano 2022.


José Tomé lembra que o pasado venres a Xunta de Goberno aprobou licitar de novo as obras da residencia da Pobra do Brollón por preto de 1.750.000€, uns traballos que unha vez queden adxudicados, teñen un prazo de execución de 12 meses. O mandatario provincial explica que o anterior contrato, que xa fora adxudicado, tivo que resolverse por cuestións alleas á Deputación, e é por iso “que agora tivemos que poñer en marcha este novo proceso de licitación para facer posible esta dotación social, que dará servizo á veciñanza da Pobra do Brollón e da súa comarca”.