Deputación de Lugo
Turismo

O Presidente pon en valor o retorno económico e turístico que ten para a provincia Live is Life, coa que colabora a Deputación

José Tomé Roca
Live is Life
Ribeira Sacra
audiovisual
Visita rodaxe
José Tomé visitou este mércores no miradoiro de Souto Chao, en Sober, a rodaxe do novo filme do monfortino Dani de la Torre, que se grava en varios concellos da Ribeira Sacra. O organismo provincial achegará100.000 euros

“A nosa colaboración ten un dobre obxectivo. Por un lado, seguir apoiando ao sector audiovisual lucense e galego, un sector que crea industria, emprego, e fomenta a cultura e a nosa lingua, e, por outro lado, porque esta produción audiovisual favorece a proxección nacional e internacional da nosa provincia e, con elo, o turismo”

O Presidente lembrou que nos últimos dez anos a Deputación colaborou con máis de 30 películas, documentais, curtas e series, a última,O sabor das margaridas, o que demostra o apoio claro da Deputación coa industria audiovisual galega

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou este mércores no miradoiro de Souto Chao, en Sober, a rodaxe de Live is Life, a nova película do monfortino Dani de la Torre, que se grava en varios concellos da Ribeira Sacra. A Deputación colaborará cunha achega económica de 100.000 euros a través dun patrociniocon este proxecto audiovisual, que se desenvolve nos municipios de Pantón, Sober, Quiroga, O Saviñao e Monforte de Lemos. 

Durante o encontro, José Tomé, acompañado do Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, explicou que “o apoio da Deputación ten un dobre obxectivo. Por un lado, seguir colaborando co sector audiovisual lucense e galego, un sector que crea industria, emprego, e fomenta a nosa cultura e a nosa lingua, e, por outro lado, porque colaborar con esta produción audiovisual favorece a proxección nacional e internacional da nosa provincia e, con elo, o turismo”.

A colaboración coa película, incidiu o Presidente, “é un investimento, polo retorno económico e a xeración de novos postos de traballo durante a rodaxe, e tamén pola proxección en todo o mundo que se lle dá á nosa provincia. Esta colaboración enmárcase no compromiso do organismo provincial por promocionar e potenciar o noso territorio, a través dun proxecto que converte á provincia nun plató de rodaxe, sendo unha oportunidade para a proxección nacional e internacional da riqueza patrimonial e paisaxística coa que contamos”. 

O mandatario provincial salientou o protagonismo da Ribeira Sacra en Live is Life, “trátase dun escaparate excepcional da provincia que atraerá a novos visitantes, impulsando o turismo lucense, nunha situación moi complexa para o sector debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19”.  

A Deputación coa industria audiovisual
O Presidente salientou a sensibilidade da Deputación co mundo da cultura, concretamente co sector audiovisual, “que está pasando por momentos moi difíciles por mor da pandemia do coronavirus. Con esta colaboración amosamos o noso compromiso con todas as persoas que traballan nun eido tan importante para a sociedade e que nos fai tanta compañía, como se demostrou durante o confinamento”.  

José Tomé engadiu que “é responsabilidade das administracións, cada unha dentro das súas competencias, traballar polo presente, pero sobre todo polo futuro da nosa cultura”. Neste senso, o Presidente informouque nos últimos dez anos o organismo provincial colaborou con máis de 30 películas, documentais, curtas e series, a última, O Sabor das Margaridas, o que demostra o apoio claro da Deputación coa industria audiovisual galega e lucense.

Dani de la Torre, recoñecido cineasta
José Tomé puxo en valor o traballo do director da película, “un recoñecido cineasta, cunha traxectoria consolidada, que está no máis alto do audiovisual galego e nacional. Dani de la Torre é un dos embaixadores da nosa terra. Mostra diso son os numerosos traballos nos que pon no punto de mira, a través dunha pantalla de cine, a beleza paisaxística da provincia de Lugo”.

Probas PCR constantes
Como medida de prevención e seguindo os protocolos sanitarios, todo o persoal que traballa na produción da película someteuse a probas PCR para realizar a rodaxe con total seguridade, cumprindo cos protocolos sanitarios.  

Live is Life
A nova longametraxe do director monfortino, Live is Life,unha historia orixinal de Albert Espinosa, narra a historia dun grupo de cinco nenos, a mediados dos anos 80, que intentan cumprir os seus sonos durante a noite de San Xoán, nun pequeno pobo de Galicia. 
 

Visita rodaxe