Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Aberto o prazo para solicitar as bolsas para deportistas de modalidades individuais

ÁREA DE DEPORTES
BOLSAS DEPORTISTAS INDIVIDUAIS
CONCORRENCIA COMPETITIVA
EFRÉN CASTRO
Axudas Deportistas individuais
A área de Deportes destina un total de 85.500 euros a estas axudas, que valoran os resultados acadados polas persoas solicitantes

Este luns 28 de setembro abriu o prazo para solicitar as bolsas para deportistas de modalidades individuais que convoca a área de Deportes e que contan cun orzamento total de 85.500 euros.

As axudas oscilarán entre os 300 e os 1.500 euros, en función dos resultados que teñan acadado en competicións internacionais, estatais e galegas durante o ano 2019. Outorgaranse un total de 185 bolsas; trece delas están reservadas a deportistas con capacidades diferentes.

Prazo aberto ata o 9 de outubro

O prazo para solicitar as axudas é de 10 días hábiles, polo que rematará o vindeiro 9 de outubro. O procedemento deberá realizarse por medios telemáticos a través da sede electrónica da Deputación de Lugo. As bases da convocatoria e os formularios de solicitude poden consultarse e descargarse nesta ligazón.