Deputación de Lugo

Arranca a nova edición de Equigal, coa que colabora a Deputación

Equigal
Pablo Rivera Capón

 

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este venres o Salón Internacional do Cabalo de Galicia, Equigal, que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos esta fin de semana, e do 3 ao 4 e do 9 ao 12 de outubro. A institución provincial colabora cunha axuda de 40.000 euros, convertendo á Deputación na principal patrocinadora do evento, que contará con 300 exemplares e que se emitirá en streaming na canle de YouTube Feiras Lugo.