Deputación de Lugo
Medio ambiente

O Deputado de Medio Ambiente inaugura o III Seminario do Patrimonio Cultural do Courel na Estación Científica da USC

Medio Ambiente
José Luís Raposo Magdalena
Courel
USC

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, participou este venres en Seoane do Courel na inauguración da 3ª edición do Seminario do Patrimonio Cultural do Courel que organiza a Estación Científica da USC na localidade. A Deputación de Lugo colabora con este centro cunha achega de 12.000 euros para a realización de actividades formativas que contribúan a divulgar o patrimonio cultural e natural desta zona da Montaña luguesa. 

Baixo o título Os Camiños, estas xornadas de tres días de duración continuarán mañá sábado e o domingo coa participación de investigadores, escritores e especialistas en arte, historia e arqueoloxía da paisaxe. Analizaranse diversos temas, como as vías romanas no Courel, o castelo do Carbedo e a Orde de Santiago, a moeda sueva e visigoda na Galleaecia e as residencias literarias itinerantes no Camiño de Santiago, entre outros.