Axenda Institucional
Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A Deputación recibe 59.000 mascarillas do Goberno central para distribuír aos concellos da provincia

Covid-19
O Deputado de Promoción Económica e Social participou no acto de entrega do material, destinado a traballadores e traballadoras dos servizos esenciais e educativos dos municipios lucenses de menos de 20.000 habitantes

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores na entrega de material sanitario do Goberno de España á Deputación de Lugo para a súa distribución aos concellos da provincia. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entregou á institución provincial 59.000 mascarillas destinadas a traballadores e traballadoras dos servizos esenciais e educativos dos municipios da provincia de Lugo. 

A Deputación farase cargo do operativo de distribución entre os concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes, segundo acordaron o Goberno central e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). 

Coa entrega deste material aos concellos da provincia remata a nova campaña de entrega de 108.000 máscaras que a Subdelegación do Goberno en Lugo desenvolveu esta semana. Este reparto enmárcase no acordo de distribución de material sanitario adoptado polos Ministerios de Política Territorial e de Sanidade coa FEMP.