Deputación de Lugo
Turismo

Máis de 660 nenos e nenas desfrutan das 8 actividades fluviais organizadas pola Deputación

Pilar Garcia Porto
actividades fluviais
Actividades fluviais
Pilar García Porto subliñou a boa acollida das actividades fluviais gratuítas de lecer que a institución provincial ofreceu entre agosto e mediados de setembronaPontenova, Trabada, Alfoz, Guitiriz e Navia de Suarna para promocionar o turismo de proximidade e natureza

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, fixo balance das actividades gratuítas de lecer que organizou a Deputación entre agosto e mediados de setembro en espazos fluviais dos concellos da Pontenova, Trabada, Alfoz, Guitiriz e Navia de Suarna. 

García Porto sinalou que “estas xornadas que dende a Deputación de Lugo adaptamos á nova normalidade co fin de promocionar o turismo de proximidade e de natureza desenvolvéronse sen incidencias. Foron un total de 664 nenos e nenas, nun rango amplo de idade, os que se achegaron ás diferentes actividades acuáticas de kaiak, paddle surf, inchables e outros xogos nas contornas fluviais, o que significa que este proposta tivo unha moi boa acollida”. 

“Para garantir a seguridade fronte á Covid-19, aplicouse un rigoroso protocolo de prevención coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias. A participación foi por grupos cun aforo reducido de 10 persoas. Contouse coa presenza dun axente anticovid para controlar as medidas preventivas e a desinfección do material da zona” engadiu a Deputada.