Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación amplía o prazo das obras de mellora do colexio Torre de Lemos de Monforte, retrasadas polo Estado de Alarma

educación
Fundación Torre de Lemos
Monforte
O Presidente da Deputación de Lugo asina coa representante da Fundación Educativa Torre de Lemos de Monforte a modificación do convenio para a reforma do patio interior do colexio
A Fundación Educativa Torre de Lemos terá ata o 30 de setembro para rematar os traballos de substitución do pavimento do patio do centro, fin para o que recibiu 22.500€ da institución provincial

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes no Pazo de San Marcos coa representante da Fundación Educativa Torre de Lemos de Monforte, María Esther Rodríguez, a modificación do convenio entre ambas entidades para ampliar o prazo de execución das obras de reforma do patio interior deste colexio, retrasada polo Estado de Alarma, así como para a xustificación da subvención de máis de 22.500 euros que a institución provincial lle concedeu para tal fin.

Coa sinatura da modificación do convenio, a entidade xestora do colexio monfortino dispón ata o 30 de setembro para rematar os traballos de substitución do pavimento por outro adaptado ás necesidades e usos do centro escolar e para achegar os xustificantes da subvención outorgada.