Cultura
Deputación de Lugo

Máis de 375 persoas inscritas na conferencia internacional sobre museoloxía social que organiza a Rede Museística

rede museística
MINOM-ICOM
Presentación MINOM-ICOM
O encontro, en formato virtual, desenvolverase os vindeiros 22 e 23 de xullo

Lugo, 17 de xullo de 2020.-  Máis de 375 persoas solicitaron a inscrición na Conferencia Internacional sobre Museoloxía Social que organiza a Rede Museística Provincial en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Lusófona de Lisboa o

O encontro, que ía celebrarse entre Lugo e Lisboa, mudou o seu formato para adaptarse á situación provocada pola crise da Covid 19 e realizarase de forma virtual os vindeiros 22  e 23 de xullo. A conferencia clausurarase o 31 de xullo e o 1 de agosto cunha xuntanza presencial entre os membros do comité organizador no Pazo de Tor.

Trátase da vixésima edición desta conferencia internacional na que persoas expertas reflexionan e comparten experiencias desde a óptica da museoloxía social, que procura uns espazos museísticos máis abertos e integrados nos territorios dos que forman parte.
A conferencia desenvolverase baixo o título “Cara a unha museoloxía 4D: social, ambiental, política e economicamente sustentábel”.

As inscricións para participar activamente no encontro e c onseguir as acreditacións poden seguir realizándose a través do correo electrónico xxconferenciaminom@gmail.com. Ademais, os relatorios retransmitiranse a través do perfil de Facebook da Rede Museística Provincial.

MINOM

O Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía foi fundado en 1985 en Lisboa, durante o Segundo Obradoiro Internacional de Nova Museoloxía, pero os seus principios ideolóxicos nacen na Declaración de Santiago, asinada en Chile en 1972. Forman parte do MINOM institucións de 11 países que traballan fomentando a participación cidadá dentro das organizacións museísticas, a recuperación da memoria e poñendo en valor o patrimonio cultural, natural e a diversidade cultural.

As conferencias internacionais celébranse cada dous anos, baixo a organización dun pais. Esta será a primeira vez que dúas nacións colaboren na súa organización.