Deputación de Lugo
Formación
Recursos Humanos

A Deputación de Lugo organiza co INAP un curso de recursos humanos dirixido ao persoal dos concellos

Formación
cursos
Imaxe deputación de lugo
A acción formativa Planificación e ordenación de recursos humanos. Problemática actual terá lugar no Pazo de San Marcos de Lugo en outubro e diríxese en especial ao persoal da administración local. A inscrición está aberta ata o 28 de setembro

O Pazo de San Marcos acollerá o curso Planificación e ordenación de recursos humanos. Problemática actual  os días 20, 21 e 22 de outubro para a capacitación dos empregados públicos da administración local con competencias na xestión de persoal. A actividade enmárcase no Plan Interadministrativo 2020 do Instituto Nacional de Administracións Públicas INAP coa Deputación de Lugo. 

A convocatoria desta acción formativa conxunta vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e forma parte do convenio de colaboración entre a institución provincial e o  Ministerio de Administracións Públicas para a realización en Lugo de accións formativas dirixidas ao persoal ao servizo das corporacións locais.

O curso, de 20 horas lectivas, ten como finalidade dar a coñecer ao persoal directivo e técnico de recursos humanos as novidades que afectan ao marco xurídico e os instrumentos que inciden na planificación e ordenación dos traballadores nas administracións. Dispón de 40 prazas e o prazo de solicitude remata o 28 de setembro. A inscrición pódese efectuar en https://buscadorcursos.inap.es