Deputación de Lugo

O Presidente dá a benvida na Praza de San Marcos aos participantes do VIII Rally Terras do Incio

José Tomé Roca
Rally Turístico Terras do Incio
Rally Terras do Incio.IMG01

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Concelleiro de Medio Rural e Deportes de Lugo, Miguel Fernández, déronlles a benvida este venres na Praza de San Marcos aos participantes do VIII Rally de coches clásicos Terras do Incio. Unha edición coa que colabora a Deputación e que por primeira vez, ata o 14 de xullo, todo o percorrido discorrerá pola provincia de Lugo. O Presidente agradeceu o labor dos organizadores en favor da proxección da provincia con este evento e  aproveitou este encontro para entregarlles uns agasaios institucionais consistentes nun bolígrafo, unha axenda, un marca páxinas e unha mascarilla.