Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación inicia os traballos de mellora das vías que unen Monforte con Rozabales e coa Pobra do Brollón

Rede provincial de estradas
Monforte de Lemos
A Deputación inicia os traballos de mellora das vías que unen Monforte con Rozabales e coa Pobra do Brollón
As actuacións, que supoñen un investimento de264.000€,consisten na rehabilitación do firme das estradas provinciais LU-P-3203 e LU-P-4702en 7,5 quilómetros

O obxectivo é reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos condutores nunha vía de moita relevancia social, pois conecta a veciñanza do núcleo de Rozabales coa cidade do Cabe

A Deputación de Lugo traballa estes días sen Monforte de Lemosna rehabilitación das estradas que conectan o núcleo da vila con Rozabales e coa Pobra do Brollón. Unhas actuacións nas que se invisten 264.000€.

Os traballos desenvólvense en preto de 7,5 quilómetros no treito que une Monforte con Vilachá-Rozabales, seguindo un itinerario en forma de T. En concreto, na LU-P-3203, melloraranse 6 quilómetros, entre os puntos 6,030 e 11,997. Ademais, farase outra intervención na LU-P-4702, entre Vilachá e a Estación da Pobra do Brollón. Neste caso, é un quilómetro e medio, entre os puntos 1 e 2,4. 

“Son unhas obras que suporán unha mellora importante na seguridade viaria e na comodidade dos condutores nunha estrada de moita importancia social, pois conecta o núcleo de Rozabales coa cidade de Monforte, polo que é a vía de acceso para toda a veciñanza desa zona para ir a Monforte a diario para o seu traballo, compras ou xestións”, explica o Presidente da Deputación. 

As obras quedarán rematadas nunha semana e consisten na reapertura e limpeza de cunetas, a mellora da drenaxe da vía para garantir a súa maior durabilidade, a pavimentación e a sinalización horizontal.