Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación celebra o Día da Muller nos centros de atención a maiores

Día Internacional da Muller
centro de maiores
Os usuarios e usuarias participará en lecturas conxuntas, obradoiros, charlas-coloquio e proxeccións arredor das historias das mulleres que viven nos centros

A institución provincial colabora coa organización da marcha reivinticativa que se celebra mañá en Lugo

A Deputación de Lugo organiza nos seus centros de atención a maiores, en Trabada, Pol, Ribadeo e A Fonsagrada, un programa de actividades para os usuarios e usuarias con motivo do Día da Muller. 

Está previsto que fagan lecturas conxuntas de obras escritas por mulleres, participen en charlas-coloquio sobre o papel de mulleres galegas referentes, desenvolvan obradoiros de realización de agasallos e visualicen unha serie de vídeos nos que as protagonistas son as mulleres que viven en cada unha das residencias.

Centros e actividades

CAM de Trabada
- 8 de marzo: Obradoiro de elaboración de agasallos para as mulleres do CAM de Trabada.
-11 de marzo: Charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A historia das nosas mulleres do CAM de Trabada.
- 13 de marzo: Obradoiro de realización de carteis do programa Alternativa Saudable.

CAM de Ribadeo 
- Do 9 ao 13 de marzo: Lecturas de escritoras dentro do ciclo Homenaxe e introdución da biografía da autora.
- 9 de marzo: Safo e o Son, de Juana Inés de la Cruz.
- 10 de marzo: Rosalía de Castro e Primi Nécega, ademais haberá unha actuación musical de Laura, versionando temas compostos por mulleres.
- 11 de marzo: Gabriela Mistral e Alfonsina Storni.
- 12 de marzo: Ana Mª Matute.
- 13 de marzo: Gloria Fuertes. 

CAM de Pol
- 11 de marzo: Charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A historia das nosas mulleres do CAM de Pol.

CAM da Fonsagrada

-12 de marzo: Ás 11:00 horas, charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe as mulleres galegas que fixeron historia e proxección do vídeo A historia das nosas mulleres do CAM da Fonsagrada.

Por outra banda, a Deputación de Lugo colabora coa organización da marcha reivindicativa pola igualdade que se celebrará mañá en Lugo. A institución sufraga o palco que se instalará na Horta do Seminario para facer de tribuna das oradoras.

Ademais, a fachada do Pazo de San Marcos loce pancartas de cor violeta en reivindicación da igualdade entre homes e mullleres co lema “Querémonos vivas, libres e iguais. Querémosvos vivas, libres e iguais”.