Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle a presentación da IV Xornada Laboralista coa que colabora a Deputación

Formación
O Pazo de San Marcos acolle a presentación da IV Xornada Laboralista coa que colabora a Deputación
A cita celebrarase o vindeiro 27 de marzo no Vello Cárcere e reunirá a expertos de primeiro nivel na materia como María Emilia Casas, maxistrada emérita do Tribunal Constitucional, ou Antonio Vicente Sempere, maxistrado do Tribunal Supremo

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto ao Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira, o Concelleiro de Medio Rural e de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e o director da xornada, Germán Barreiro, presentaron este venres no Pazo de San Marcos a IV Xornada Laboralista, que se celebrará en Lugo no Vello Cárcere o vindeiro 27 de marzo e coa que colabora a Deputación. O programa reúne a expertos de primeiro nivel na materia. A asistencia a esta xornada é gratuíta e o prazo de inscrición é ata o 24 de marzo no correo secretaria@graduacossocialeslugo.com 

Tomé sinalou que “o enfoque destas xornadas, que se propoñen analizar diferentes aspectos da realidade laboral desde un punto de vista evolutivo e dinámico. Creo que isto é sen dúbida un acerto, porque, se algo caracteriza o mundo actual é esa sensación de cambio permanente, que leva aparellada a necesidade de revisar os nosos datos e os nosos coñecementos”. 

Dirixida aos profesionais do dereito laboral e recursos humanos e estudantes da materia, a xornada desenvolverase de 9.30 a 14.00 horas. María Emilia Casas Baamonde, maxistrada emérita do Tribunal Constitucional, falará sobre os dereitos fundamentais e as relacións laborais; Antonio Vicente Sempere, maxistrado do Tribunal Supremo, abordará a permanente reformulación do accidente laboral; e Juan José Fernández Domínguez, decano da facultade de Dereito da Universidade de León, expoñerá sobre o pasado, o presente e o futuro dos graduados sociais.

Programa e inscrición