Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Os centros de maiores da Deputación celebran o Entroido

Residencias
centro de maiores
Centro de Atención de Maiores.IMG01
As residencias da Fonsagrada, Pol, Ribadeo e Trabada ensalzan esta festividade con diferentes obradoiros para os seus usuarios e usuarias

Os centros de atención a maiores da Fonsagrada, Pol, Ribadeo e Trabada da Deputación acollen durante estes días diferentes actividades para os usuarios e usuarias con motivo do Entroido. Os obradoiros consistirán en preparación de máscaras, actuacións de música, elaboración de receitas típicas destas festas, bingo, concursos de comparsas e desfiles, entre outros.

No Orzamento deste 2020, a institución provincial destina 9M€ ás residencias, tanto ás que xa están en funcionamento, como á posta en marcha das de Castroverde e Pedrafita, ademais de avanzar no equipamento das de Meira, Ribas de Sil e Navia de Suarna.

Centros e actividades

Antroiro CAM Fonsagrada
- Do 17 ao 24 de febreiro: obradoiros de preparación de máscaras e decoración.
- 25 de febreiro: menú especial de Entroido con doces típicos. Ás 17:00 horas celebrarase unha festa con sorpresas e baile.
Entroido CAM Pol
- 24 de febreiro: elaboración de orellas de Entroido.
- 25 de febreiro: merenda especial, bingo, photocall con temática india e actuacións musicais do grupo Leña Verde dentro da Ruta ao Son dos Cantos de Taberna.
Entroido CAM Trabada
- 21 febreiro: encontro interxeracional do CEIP Celso Currás.
- 25 febreiro: menú especial de Entroido.
- 7 marzo: desfile de comparsas.
Entroido CAM Ribadeo
- 25 de febreiro: celebración do Martes de Entroido.
- 26 de febreiro: concurso de comparsas.
- 3 de marzo: obradoiro de elaboración de rosquillas.
- 4 de marzo: degustación de obradoiro de rosquillas.