Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación reconstrúe a ponte sobre o río Miño de Castro de Rei con 50.000€

castro de rei
estradas provinciais
Imaxe deputación de lugo
Os servizos de Xestión Territorial habilitarán desvíos alternativos da vía provincial LU-P-1104 para causar o menor prexuízo nos usuariosdesta estrada que comunica Cubelo co núcleo de Momán

Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que dependen directamente do Presidente, José Tomé, reconstruirán a ponte sobre o río Miño que se encontra na estrada provincial LU-P-1104 cun investimento de 50.000€. Uns traballos que comezaron este luns e que obrigan a cortar esta ponte ao tránsito de vehículos durante o tempo que duren as obras. 

A Deputación terá debidamente sinalizados desvíos alternativos en diferentes lugares, facilitando a circulación pola estrada LU-113, nos puntos quilométricos 9,1 e 16,5; tamén na LU-113, no quilómetro 3; pola LU-P-1611 por Quintela e ademais pola LU-120 por Outeiro de Rei.