Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos tínguese de verde en apoio da loita contra o cancro

Pazo de San Marcos
Asociación Española Contra o Cancro
cancro
Pazo de San Marcos

A Deputación iluminou este martes o Pazo de San Marcos de cor verde, sumándose así aos actos do Día Internacional contra o Cancro. Unha iniciativa promovida pola Asociación Española Contra o Cancro coa que a institución provincial se adhire á campaña de concienciación sobre esta doenza. Ademais, este sábado celébrase a segunda edición da Milla e Andaina contra o Cancro en Lugo, iniciativa coa que colabora a Deputación.