Deputación de Lugo
Formación

O Presidente entrega os diplomas a máis de 30 traballadores públicos que realizaron cinco cursos de formación continua

Formación
O Presidente entrega os diplomas a máis de 30 traballadores públicos que realizaron cinco cursos de formación continua

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, entregaron este martes na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo a máis de 30 traballadores e traballadoras públicos os diplomas acreditativos da participación en cinco cursos que forman parte do Plan Agrupado de Formación Continua 2019 destinados a empregados da institución provincial e de concellos. 

Os cursos que realizaron foron os de: Operador de vehículos e maquinaria de movemento de terra, Operativa Policial con vehículos estranxeiros, Manipulador de produtos fitosanitarios, Riscos psicosociais derivados do traballo, e Regulamento europeo de protección de datos persoais e a nova lei orgánica 3/2018.

No acto, Tomé Rocapuxo en valor o compromiso da Deputación coa formación dos traballadores e tamén as ganas de aprender e de adquirir novas habilidades dos empregados públicos para prestar un mellor servizo á cidadanía.