Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación inviste 114.000€ na mellora das redes de saneamento e depuración de Meira

infraestruturas
Meira
Xunta de Goberno
A Deputación inviste 114.000€ na mellora das redes de saneamento e depuración de Meira
A Xunta de Goberno aprobou a firma dun convenio de colaboración entre a institución provincial, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello para financiar diferentes actuacións nos colectores e equipos da EDAR

A Deputación de Lugo investirá 114.000€ na mellora nas infraestruturas de saneamento e depuración de Meira. A Xunta de Goberno aprobou este venres a firma dun convenio de colaboración entre a institución provincial, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello para financiar diferentes actuacións relativas á mellora de colectores e equipos da EDAR. 

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, explicou que a finalidade do convenio é colaborar nunha actuación importante para Meira que contará cun investimento total de 570.000€. “As actuacións consistirán na rehabilitación e impermeabilización dun total de 7 pozos de rexistro do colector interceptor executado no ano 2009, a construción dun novo colector interceptor xeral que substitúa ao actual –da década dos 90-, e tamén se substituirán aqueles equipos da EDAR que presenten un funcionamento máis deficiente”, sinalou.

A Deputación de Lugo financiará as actuacións cunha contía máxima de 114.000€, dos que 68.300€ son a cargo do orzamento vixente e 45.700€ irán a cargo da anualidade 2021. A Confederación aportará un total de 427.500€ a estas actuacións e o Concello de Meira sumará os 28.500€ restantes para poder acometer as obras. 

Plan Prende!
Por outra parte, Pablo Rivera tamén anunciou que a Deputación de Lugo abriu este venres e ata o vindeiro 7 de febreiro, o prazo de requirimentos para participar no programa de emprego xuvenil Prende! Bota raíces no rural.Esta semana rematou o prazo de solicitudes para participar na primeira fase, dedicada á formación, na que recibíronse preto de 90 solicitudes e que está previsto que arranque no mes de marzo.