Deputación de Lugo

A Deputación destina preto de 21.000 € para a mellora do patio do colexio Martínez Otero de Foz

José Tomé Roca
Foz
Firma convenio.IMG01

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo un encontro este venres no Pazo de San Marcos co representante do Colexio Fundación Martínez Otero de Foz, Manuel Benito González Alonso, durante o que asinaron un convenio de colaboración da institución provincial con este centro educativo. A través do acordo, a Deputación destina preto de 21.000€ para financiar a obra de reforma do patio de recreo deste inmoble, que consistirá nas obras de substitución do asfalto na superficie exterior do patio de recreo.