Cooperación concellos
Deportes e mocidade

A Deputación inviste 20.000€ para seguir mellorando o Campo de Fútbol Municipal de Alfoz

A Deputación de Lugo inviste 20.000€ para seguir mellorando o Campo de Fútbol Municipal de Alfoz

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, explicou logo da Xunta de Goberno deste venres que o Executivo acordou seguir mellorando o Campo de Fútbol Municipal de Alfoz. Na reunión déuselle luz verde a unha modificación do convenio asinado co Concello de Alfoz, co obxectivo de investir os remanentes da reforma da instalación eléctrica desas dependencias municipais en máis melloras neste lugar.

A Deputación de Lugo financiou a través dun convenio co Concello de Alfoz a reforma eléctrica da iluminación por 91.517,70€. Con cargo a remanentes destas actuacións, agora vaise desenvolver un conxunto de traballos cun orzamento de 19.458,02€ para seguir mellorando esta infraestrutura municipal.