Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente participa na reunión da comisión de seguimento do convenio entre a USC e Rof Codina

O Presidente da Deputación de Lugo participa na reunión da comisión de seguimento do convenio entre a USC e Rof Codina

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou esta tarde na Biblioteca do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, en Lugo, na 36ª reunión da comisión de seguimento do convenio entre a USC e a Fundación Rof Codina. Durante esta reunión tratáronse diversos temas como a actividade do hospital, entre a que se encontran as prácticas dos alumnos e cursos de formación; analizáronse todos os cambios levados a cabo nas instalacións como consecuencia da visita da Asociación Europea de Establecementos de Educación Veterinaria (EAEVE); a programación das prácticas en clínicas e a situación orzamentaria entre a USC e a Fundación, entre outros.