A Deputación arranca o 2 de xaneiro cun obradoiro infantil o programa de actividades de difusión de Terras do Miño

Terras do Miño
obradoiros
Imaxe deputación de lugo

A programación de actividades de educación ambiental correspondentes ao primeiro trimestre do ano que organizou a Deputación de Lugo para poñer en valor a Reserva da Biosfera Terras do Miño arrancará o día 2 de xaneiro cun obradoiro de Nadal infantil que se prolongará ata o día 4.

Este obradoiro está dirixido para nenos e nenas de entre 6 e 13 anos. En horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, desenvolveranse actividades que promoven a reciclaxe e o coidado do medio. Estarán vencelladas cos Reis Magos, de xeito que os participantes farán coroas reais, escribiranlle as cartas ás súas Maxestades, elaborarán centros de mesa para o día de Reis, entre outras manualidades, que se realizarán con material reciclado. 

Aínda quedan prazas libres, polo que as persoas interesadas en participar deben reservar a súa praza en inscricions.deputacionlugo.org/ ou na páxina web www.deputacionlugo.gal.