Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O Presidente distingue aos deportistas Saleta Fernández, Adrián Ben e Manuel Freire

deporte
presidente
José Tomé Roca
Efrén Castro Caloto
O Presidente distingue aos deportistas Saleta Fernández, Adrián Ben e Manuel Freire
José Tomé recibiu este venres aos lucenses que acadaron este ano grandes marcas nas súas respectivas disciplinas deportivas e levaron o nome da provincia polo mundo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu hoxe aos deportistas Saleta Fernández, Adrián Ben e Manuel Freire. Os tres acadaron este ano grandes marcas nas súas respectivas disciplinas e levaron o nome da provincia polo mundo. Tomé mostroulles o seu agradecemento e fíxolles entrega dun regalo institucional ao tempo que loou o seu esforzo e a súa dedicación.

“Son consciente de que é necesario apostar máis polo deporte, pero estamos a poñer todo da nosa parte para que no futuro os nenos e nenas o teñan máis doado”, dixo o Presidente.

A monfortina Saleta Fernández gañou a medalla de ouro no Campeonato de España de Atletismo Absoluto na modalidade de salto de altura; o viveirense Adrián Ben foi sexto nos 800 metros no Campionato Mundial Absoluto celebrado en Doha, a mellor clasificación dun atleta español nesa marca de todos os tempos nun mundial; o monfortino Manuel Freire proclamouse campión de España  de descenso de augas bravas na modalidade de longa distancia, acadando o seu terceiro título nacional consecutivo.