Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación investirá 240.000€ na mellora de servizos e infraestruturas en Mondoñedo, Viveiro, Cospeito, Foz e Lugo

Xunta de Goberno
A Deputación de Lugo investirá 240.000€ na mellora de servizos e infraestruturas en Mondoñedo, Viveiro, Cospeito, Foz e Lugo
A Xunta de Goberno aprobou convenios de colaboración para o acondicionamento de vías en Mondoñedo; a redacción do proxecto para obras no cemiterio de Viveiro; a renovación da instalación eléctrica do campo de fútbol de Muimenta; a pavimentación do patio do colexio Martínez Otero de Foz e o impulso do barrio lucense da Milagrosa.

A Xunta de Goberno aprobou este venres a sinatura de convenios de colaboración da Deputación con cinco entidades de Mondoñedo, Viveiro, Cospeito, Foz e Lugo por un importe conxunto próximo aos 240.000€.

Por un lado, a Deputación firmará un convenio de preto de 150.000€ co Concello de Mondoñedo para a mellora de diversas vías: nos núcleos de Cesuras, Curuxeiras, San Pedro, Cabana, Vilar e entre a LU-124 e o barrio O Couto de Outeiro.

A Deputación tamén aprobou un convenio co Concello de Viveiro por case 17.000€ para a redacción do proxecto técnico das obras de urxente necesidade no cemiterio municipal.

Por outra banda, a Xunta de Goberno deu o visto bo a convenios co Club Sociedade Deportiva Muimenta por importe de cerca de 30.000€ co fin de renovar a instalación eléctrica no campo de fútbol O Pichón da localidade; co Colexio Fundación Martínez Otero de Foz para a pavimentación do patio por 20.800€; e coa asociación de veciños, comerciantes e industriais da Milagrosa por importe de 20.000€ para sufragar os gastos dunha acción de dinamización e potenciación deste barrio emblemático de Lugo.