Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación adxudica en 264.000€ as obras de mellora da estrada que une Monforte e Brollón

estradas
Monforte de Lemos
Pobra de Brollón
A Deputación de Lugo adxudica en 264.000€ as obras de mellora da estrada que une Monforte e Brollón
Os traballos, cun prazo de execución de 6 meses, consistirán na pavimentación, reapertura de cunetas e sinalización horizontal

O proxecto mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos condutores nunha estrada de moita relevancia social, pois conecta a veciñanza do núcleo de Rozabales coa cidade do Cabe

A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación das obras de mellora do firme da estrada que une Monforte de Lemos coa Pobra do Brollón por un importe de 264.000€. 

Os traballos desenvolveranse en preto de 7,5 quilómetros no treito que une Monforte con Vilachá-Rozabales, seguindo un itinerario en forma de T. En concreto, na LU-P-3203, melloraranse 6 quilómetros, entre os puntos 6,030 e 11,997. Ademais, farase outra intervención na LU-P-4702, entre Vilachá e a Estación da Pobra do Brollón. Neste caso, é un quilómetro e medio, entre os puntos 1 e 2,4. 

“Son unhas obras que suporán unha mellora importante na seguridade viaria e na comodidade dos condutores nunha estrada de moita importancia social, pois conecta o núcleo de Rozabales coa cidade de Monforte, polo que é a vía de acceso para toda a veciñanza desa zona para ir a Monforte a diario para o seu traballo, compras ou xestións”, explicou o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera.

As obras teñen un prazo de execución de 6 meses e consistirán na reapertura e limpeza de cunetas, a mellora do drenaxe da vía para garantir a súa maior durabilidade, a pavimentación e a sinalización horizontal.