Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A achega de 182.000€ da Deputación permitirá dotar de auga corrente á veciñanza de Santa María de Marrube, no Saviñao

convenios
Cooperación cos Concellos
O Saviñao
A achega de 182.000€ da Deputación de Lugo permitirá dotar de auga corrente á veciñanza de Santa María de Marrube, no Saviñao
O Presidente, José Tomé, asinou un convenio de colaboración co Alcalde, Juan Carlos Armesto, para acometer unha obra da que se beneficiarán un centenar de persoasda parroquia

O acordo responde ao compromiso da institución provincial de reforzar a cooperación cos concellos da provincia, de calquera cor política

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinou este venres un convenio de colaboración co Alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, a través do que a institución provincial destina 182.000€ á dotación dunha rede de abastecemento que permitirá ao cento de veciños e veciñas da parroquia de Santa María de Marrube contar con auga corrente.

O Concello do Saviñao comprometeuse a executar o investimento antes do 31 de agosto do 2020 e encargarase das memorias técnicas, aportar os terreos precisos, permisos e autorizacións obrigatorias para efectuar os traballos. 

Este acordo de colaboración responde ao compromiso da Deputación de Lugo de fortalecer a cooperación cos 67 concellos da provincia, teñan a cor política que teñan, para que poidan prestar servizos públicos de calidade e eficientes aos seus veciños e veciñas. Nesta vontade de colaboración cos concellos enmárcase o Plan Único, que contará o vindeiro ano 2020 con algo máis de 20M€ de investimento.