Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Presidente celebra o Nadal cos usuarios das residencias de maiores de Trabada e Ribadeo

Residencias
maiores
Trabada
Ribadeo
presidente
O Presidente da Deputación de Lugo celebra o Nadal cos usuarios das residencias de maiores de Trabada e Ribadeo
José Tomé agradeceu o labor dos traballadores de todos os Centros de Atención da provincia e participou no reparto os agasallos da Deputación de Lugo aos residentes

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, celebrou este luns o Nadal cos usuarios e usuarias das residencias de maiores de Trabada e Ribadeo. Falou con eles e cos traballadores e traballadoras de cada centro e participou na entrega de agasallos da institución provincial aos residentes. Tomé estivo acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera; a Alcaldesa do Concello de Trabada, MayraBermúdez; o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; ea Concelleira de Servizos Sociais e Obras do municipio, Mónica Freire.

“Estou moi orgulloso. Cando empezamos esta andaina pensamos que íamos facer centros de atención para maiores e hoxe vexo que o que conseguimos son fogares”, dixo Tomé, que agradeceu a labor dos traballadores das residencias, “polo voso compromiso, polo voso mimo e pola vosa dedicación”.O Presidente visitou primeiro aos 24 usuarios e usuarias da residencia de Trabada e logo aos 42 de Ribadeo. Nos dous centros axudou a repartir os agasallos personalizados da Deputación de Lugo,e no de Ribadeo os residentes cantaron unha panxoliña antes de brindar polas festas. Estes días os centros ofertan ademais un menú especial, adaptado as necesidades de cada usuario e usuaria, con motivo do Nadal.

Nos Orzamentos 2020 a Deputación de Lugo destina 9M€ ao funcionamento das residencias de Pol, Trabada e Ribadeo; para a apertura das de Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita do Cebreiro, e, avanzar no equipamento, Meira e Ribas de Sil.