Deputación de Lugo
Parque móbil

A Deputación renova o Parque Móbil con12 vehículos novos para mellorar o servizo de mantemento das estradas

A Deputación de Lugo renova o Parque Móbil con12 vehículos novos para mellorar o servizo de mantemento das estradas
Cun investimento de preto de 182.000€, adquiriu 9 turismos e 3 todoterreo, que utilizan os capataces de obra para labores de vixilancia e mantemento da rede viaria

A Deputación vén de recibir 12 novos vehículos para renovara flota do Parque Móbil co obxectivo de prestar un mellor e máis eficiente servizo. Cun investimento de preto de 182.000€, adquiriu 9 turismos e 3 todoterreo, que xa son utilizados polos capataces de obra que traballan na área de Xestión Territorial, dirixida polo Presidente, José Tomé, para a vixilancia e mantemento da rede viaria provincial e tamén para asistir aos concellos á hora de arranxar incidencias nas estradas municipais ou en obras de rehabilitación de firmes. 

Estes novos vehículos substitúen a utilitarios que tiñan 12 anos e superaban os 400.000 quilómetros pois, de media, estes vehículos rexistran máis de 30.000 quilómetros ao ano.    

Estes 12 vehículos novos súmanse aos 5 eléctricos adquiridos pola Deputación na primavera. Un total de 17 vehículos que se inclúen na fase de renovación do Parque Móbil que ten posta en marcha a Deputación de Lugo, un dos instrumentos máis importantes de cooperación cos concellos.