Deputación de Lugo

Solidariedade e conciencia verde inspiran a decoración de Nadal do Pazo de San Marcos

Nadal
Pazo de San Marcos
Solidariedade e conciencia verde inspiran a decoración de Nadal do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo
A ornamentación colocada, composta por árbores, renos e caixas de agasallos, entre outros detalles, servirán de soporte ao Servizo de Audiovisuais para a realización de vídeos de felicitación navideña ou promoción de actividades da Deputación

A Deputación instalou no interior do Pazo de San Marcos unha ornamentación de Nadal, composta por árbores, renos e caixas de agasallos, entre outros detalles, inspirada na solidariedade e a conciencia verde. Todos as figuras están elaborados con materiais reciclados e inclúen mensaxes de bos desexos para o ano 2020. Esta decoración, ademais de ambientar a sede da administración provincial nas festas navideñas, servirá de soporte ao Servizo de Audiovisuais para a realización de varios vídeos, como felicitacións de Nadal e Aninovo ou a promoción de actividades organizadas pola Deputación, entre outras, o Mercado que abre este venres ao público na Praza de San Marcos, con entrevistas aos artesáns que participan neste evento.